Escrito, non pegado
Pegar e soltar texto están bloqueados, igual que o ditado por voz e outras entradas que non veñen do teclado. Cada intento queda rexistrado.
Closed Pro é Closed Lite para traballar coa IA que xa usan os alumnos: ChatGPT, Claude ou Gemini. O alumno escribe coma sempre e non pode pegar nin ditar; coa extensión Closed Chat para Chrome exporta as súas conversas coa IA, asinadas e con selo de tempo, e impórtaas no traballo. Pode inserir o que necesite das respostas, que queda marcado, e a conversa completa vai dentro da entrega, co rexistro de escritura e a reprodución. O profesor decide na tarefa se se pode usar a IA e que parte do traballo pode vir dela.

Prohibir a IA non funciona, e os detectores de IA adiviñan e equivócanse. Ben usada, a IA axuda o alumno a entender, a ordenar as súas ideas e a mellorar a súa redacción; mal usada, escríbelle o traballo.
Closed Pro pon a IA á vista. O alumno usa a IA que queira, e a entrega leva o texto, como se escribiu e cada chat completo, asinado para que non se poida retocar. O profesor ve como se usou a IA e decide con datos.
Pegar e soltar texto están bloqueados, igual que o ditado por voz e outras entradas que non veñen do teclado. Cada intento queda rexistrado.
ChatGPT, Claude ou Gemini. Coa extensión Closed Chat para Chrome, o alumno exporta a conversa completa e impórtaa no traballo.
Cada chat leva sinatura dixital e selo de tempo dunha autoridade independente. Se alguén cambia unha letra despois de exportalo, Closed Pro rexéitao.
Unha tarefa asinada co enunciado, os criterios, a data, se se pode usar a IA e que parte do traballo pode vir dela.
Cada cambio coa súa hora, cada chat completo e o texto da IA inserido, marcado en morado. Un chat importado non se pode quitar.
O profesor reproduce a escritura coma un vídeo e obtén un informe PDF cos chats, a parte de texto da IA e as pasaxes tecleadas que coinciden con ela.
E ademais: a reprodución ata a ×100, tres niveis de seguridade con certificado dixital, PDF de entrega para Moodle, Classroom ou Teams que o profesor corrixe en pantalla, exportación a Word ou texto, e abre e verifica os traballos feitos con Closed Lite. Ver todas as características →

Closed Chat é a extensión de Google Chrome que leva as conversas coa IA a Closed Pro. Sobre a conversa aberta en ChatGPT, Claude ou Gemini, o alumno preme a súa icona e escolle «Exportar asinado»: garda un ficheiro .closedchat con cada pregunta e cada resposta, a hora de cada mensaxe e o modelo usado, listo para importalo no traballo.
Os documentos e os chats asínanse con ECDSA P-256, os chats levan un selo de tempo RFC 3161 e, con certificado, os documentos asínanse ademais con sinaturas CMS/CAdES estándar.