Descargar

Instálao e comeza a escribir.

Closed Pro instálase e actualízase desde Microsoft Store, en Windows 10 ou 11. Os modelos de IA descárganse desde o programa.

Proximamente en Microsoft Store
Primeiros pasos

De instalar a entregar.

Instala

Consegue Closed Pro en Microsoft Store e acepta a licenza a primeira vez.

Descarga a IA

No panel da IA › «Modelos…»: o modelo de conversa e os dous de busca, unha soa vez.

Escribe o teu nome

En Configuración: o teu nome, o teu centro e o idioma.

Escribe e entrega

Ao gardar, o documento asínase nun ficheiro .closedpro ou nun PDF que o leva dentro, listo para entregar.

Requisitos para a IA

O modelo de conversa ocupa de 1,7 a 4,7 GB e os dous de busca, 0,6 GB cada un; descárganse unha vez e funcionan sen conexión. Con 8 GB de memoria, o modelo lixeiro; con 16 GB, o recomendado. Unha tarxeta gráfica fai as respostas máis rápidas. O manual explica como escoller.

Certificados

Os niveis Medio e Avanzado necesitan un certificado dixital coa súa clave privada instalado no ordenador: DNI electrónico, FNMT, idCAT, o certificado do centro ou calquera outro certificado X.509. O nivel Básico non necesita nada.