Para profesores

Ti decides que pode facer a IA. E ves o que fixo.

Prepara unha tarefa cos seus materiais e as súas regras para a IA. Ao recibir o traballo, nun ficheiro .closedpro ou en PDF, Closed Pro móstrache como se escribiu, cada pregunta á IA e se se fixo coa túa tarefa.

Editor de tarefas
O editor de tarefas: enunciado, materiais e permisos da IA.
Panel de verificación co uso da IA
O panel de verificación: a tarefa e o uso da IA.
Paso a paso

Da tarefa á corrección.

Crea a tarefa

Enunciado, criterios, materiais e o que pode facer a IA, no editor de tarefas. Gárdaa como ficheiro .closedtask.

Repártea

Por Moodle, Classroom, Teams ou por correo. Cada alumno ábrea con Closed Pro e comeza o traballo.

Recibe o traballo

O alumno entrega o ficheiro .closedpro ou o PDF de entrega, que leva dentro o documento asinado.

Verifícao

Ábreo: a sinatura, os datos de escritura, a tarefa, a conversa coa IA e a reprodución. Despois, corríxeo sobre o PDF.

As regras da IA

Cada tarefa, a súa IA.

As regras da app van por diante das túas instrucións e da IA: o que un permiso non deixa, Closed Pro non o deixa.

Sen IA

O panel da IA non aparece e o traballo escríbese coma en Closed Lite: só tecleando, rexistrado e asinado.

Explicar e propor ideas

A IA axuda a entender o tema e os materiais e a ordenar as ideas, sen escribir parágrafos do traballo.

Revisar o texto do alumno

«Revisar o meu texto» comenta a claridade, a estrutura, a argumentación e a ortografía sen reescribir nada.

Redactar texto para o traballo

Desactivado agás que o permitas. Se o permites, o texto da IA inserido queda marcado en morado; se non, Closed Pro rexeita a petición por si mesmo.

Só os materiais

Sen coñecemento xeral, a IA responde só cos materiais da tarefa e as fontes do alumno, citando a páxina.

Límite de preguntas

Un máximo de preguntas para todo o traballo. O alumno ve cantas lle quedan.

Para o expediente

O informe coa conversa

O informe de verificación en PDF: o estado da sinatura, como se escribiu o traballo, a tarefa coa que se fixo (ou que non houbo tarefa), o uso da IA, as preguntas do alumno e, nun anexo, a conversa completa coas fontes citadas e o que se inseriu no documento.

  • O informe e o panel dan indicios, non probas concluíntes: a decisión é sempre túa.
  • Closed Pro compara a tarefa da entrega coas creadas no teu ordenador, porque calquera con Closed Pro pode facer unha tarefa.
Informe de verificación coa conversa coa IA
O informe de verificación en PDF.
Xanela de reprodución
A reprodución: o acabado de escribir en amarelo, o que se borra en vermello.
Como se escribiu

A reprodución e os datos de escritura

Coma en Closed Lite: tempo de escritura, sesións, caracteres borrados, intentos bloqueados de pegar ou ditar, saídas do programa e a reprodución da escritura ata a ×100. Closed Pro abre e verifica tamén os traballos feitos con Closed Lite.

PDF de entrega

Un ficheiro .closedpro ou un PDF. Os dous verifícanse.

Moitas plataformas (Moodle, Classroom, Teams) só admiten PDF ou Word. Por iso, ao gardar, o alumno elixe entre o ficheiro .closedpro e un PDF que se abre con calquera visor e leva dentro, como anexo, o documento .closedpro asinado. A súa portada mostra os datos do alumno, a tarefa e un resumo do uso da IA; o texto inserido desde a IA sae marcado en morado.

  • Abre o PDF con Closed Pro: saca o documento asinado e verifícao. O que ves sae dese documento, non das páxinas, e o panel indícache se o texto das páxinas coincide con el.
  • As anotacións ou marcas de auga que engaden Moodle, Classroom ou Teams ao PDF non afectan á verificación.
Verificar un PDF de entrega
Un PDF de entrega aberto en Closed Pro: o documento que leva dentro e se as páxinas coinciden con el.
Corrixir un PDF de entrega
A corrección do PDF: resaltado, riscado, notas e a cualificación, como anotacións.

Corríxeo sobre o PDF

Con «Corrixir» resaltas, subliñas ou riscas, engades notas, texto como a nota final ou debuxas co lapis. As correccións gárdanse no PDF como anotacións que o alumno ve con calquera visor.

  • O documento asinado de dentro non cambia, así que o traballo séguese podendo verificar.
  • Sube o PDF corrixido á plataforma como devolución.
  • Se abres o ficheiro .closedpro, Closed Pro ofréceche crear o seu PDF de entrega para corrixilo.

Prepara a túa primeira tarefa.

Os teus alumnos instalan Closed Pro desde Microsoft Store e entregan un único ficheiro: o .closedpro ou un PDF que o leva dentro. Sen contas, sen servidores, nada que configurar no centro.

Proximamente en Microsoft Store Ler o manual